miércoles, 27 de julio de 2016


REFLEXIÓN INDIVIDUAL MODULO I


MARCO CONCEPTUAL:


Enténdese por Sistema Nacional de Emprego o conxunto de estructuras, medidas e accións necesarias para promover políticas de emprego . Está integrado polo Servicio Público de Estatal e os servicios de empleo públicos das comunidades autónomas.

As políticas de emprego é o conxunto de actuacións que toman os poderes públicos co obxectivo de alcanzar o pleno emprego. Podemos distinguir entre políticas activas ( conxunto de programas de orientación, emprego e formación , que teñen como obxectivo mellorar as posibilidades de acceso o emprego das persoas desempregadas) e políticas pasivas ( o obxectivo e a protección por desemprego e a sustitución de rendas destinadas a anter o nivel de ingresos das persoas desempregadas)

A Unión Europea ten competencia complementaria a dos estados menbros en materia de emprego e o seu obxectivo e elaborar unha extratexia común en materia de emprego .

A estratexia europea de emprego porporciona un marco que permita os estados membros compartir información, debater e coordinar as súas políticas de emprego. Cada ano se elabora a raíz de este debate o denominado paquete de medidas de emprego

A extratexia Europa 2020 pretende ser un revulsivo á crise e preparar a Europa para o futuro. Baséase en tres aliceres interconectados para lograr un reforzamento: crecemento intelixente, crecemento sustentable e crecemento integrador

Os obxectivos fundamentais da extratexia Europa 2020 entre outros son:

- o 75% da poboación entre 20 e 64 anos debería estar empregada

-o porcentaxe de abandono escolar debería ser inferior ao 10% e polo menos o 40% da xeración máis nova debería ter estudos superiores

-debería alcanzarse o obxectivo 20/20/20 en materia de clima e enerxía

-o risco de pobreza debería ameazar a 20 millons de peroas menos






O MERCADO LABORAL:


O mercado de traballo estructurase pola converxencia de dous feitos: a oferta e a demanda de traballo. E a súa evolución depende polo tanto de dúas variables : a oferta de traballo ( poboación activa= ocupados + parados) e a demanda de traballo ( cantidade de traballadores que as empresas están dispostos a contratar).

O equilibrio do mercado de traballo ven determinado pola intersección da oferta e demanda , o que conlevaría este equilibrio sería o pleno emprego.

A análise da situacción actual do mercado de traballo ven dado polas duas principais escolas en materia económica:

- a escola clásica: o mercado de traballo sempre está en pleno emprego.

-a escola Keynesiana: non sempre o mercado de traballo está en situación de pleno emprego. Pode existir paro 

Exiten catro tipos de paro: estructural, friccional, cíclico e estacional.





CERTIFICACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL:


-Cualificacion profesional: conxunto de competencias* ( coñecementos e capacidades) válidas para o exercicio dunha actividade laboral que poden adquirirse a través da formación ou da experiencia no traballo.

As cualificacións agrupanse en 26 familias e 5 niveis.

Cada cualificación organízase en unidades de competencia, que é o agregado mínimo de competencia profesional (Conxunto de coñecementos que permiten o exercicio da actividade profesional conforme as esixencias da producción e o emprego e que poden acreditarse a través das disposicions legais e ás metodoloxías encamiñadas ó recoñecemento da experiencia profesional ou doutras vias non formaias de adquision) susceptible de recoñecemento e acreditación parcial.

*Compentencia clave : son as que permiten o individuos adaptarse a unha contorna laboral cambiante. Son a base para a flexibilidade laboral dos traballadores.

Decimos que unha persoa está cualificada cando no seu desempeño laboral obtén os resultados esperados cos recursos e o nivel de calidade debido, e decimos que unha persoa é competente cando nos referimos á gama completa dos seus coñecementos e as súas capacidades no ámbito persoal, profesional ou académico adquiridos por distintas vías e en todos os niveis.

A POLÍTICA SOCIAL E DE EMPREGO NA UNIÓN EUROPEA:


A Unión Europea e os gobernos nacionais comparten responsabilidades nas políticas de emprego, asuntos sociais e inclusión. 

De acordo coa extratexia de crecemento Europa 2020, a extratexía europea de emprego impulsa medidas para:
-crear postos de traballo

-dimanizar e equilibrar os mercados laborais

-supervisar as políticas de emprego nos paises da U.E.

Unha das catro libertades das que goza o cidadán europeo é a libre circulación de traballadores, que inclúe o dereito de desprazamentos e residencia do traballador, o dereito de entrada e residencia dos membros da familia e o dereito a traballar noutro Estado membro.

A libre circulación dos traballadores é un dos principais constitutivos da U.E. Queda recollida no artigo 45 do TFUE e constitúe un dereito fundamental dos traballadores. 

Esta libertade " suporá a abolición de toda discriminación por razon da nacionalidade entre os traballadores dos Estados membros, con respecto ao emprego a restribución e as demais condicións de traballo

Para axudar a procura de emprego ós ciudadans dun estado membro dentro a U.E. nace a rede EURES
( rede de cooperación entre a comisión europea e os servizos públicos de emprego europeos dos estados membros do EEE e outras organizacións asociadas.) O seu propósito é proporcionar servizos de información, asesoramento e contratación/ colocación (procura de emprego) aos traballadores e empresarios, así como a calquera cidadán que desexe beneficiarse do principio da libre circulación de persoas.


A INICIATIVA EMPRENDEDORA COMO FORMA DE ACCESO O MERCADO LABORAL


O noso modelo productivo baseado en empresas da construcción e a hostalaría é en gran parte respnsable da enorme destrución de empergo como consecuencia da crise. Na actualidade son bastantes numerosos os organismos e institucións de natureza diversa que contan con medidas tendentes a fomentar a creación de empresas e o autoemprego. Pero non é suficiente que se creen mais empresas, é necesario que estas sexan mais exitosas . Arestora son necesarias actuacción que supoñan formación en habilidades e competencias requeridas en xestión de empresas para lograr a pervivencia da empresa no tempo e tamén medidas encamiñadas a facilitar a materialización de proxectos e implantacións de novas empresas con viabilidade e capacidade de supervivencia nunha contorna cada vez mais competitiva, sendo esta a forma de fomentar a cración de empresas de xeito socialmente responsable.

Un dos obxectivos estratéxicos para a EEAE é impulsar o emprendemento, a través de actividades dirixidas a fomentar a inciativa empresarial, o traballo autónomo e a economía social, así como as encamiñadas a xeración de emprego

Antes de por en marcha un proxecto empresarial debe reflexionarse sobre tres elementos esenciais na iniciativa emprendedora:

- a idea: proceso mental do cal se converte un concepto inicial nunha oportunidade. Responde a pregunta ¿que actividade emprender

-a persoa emprendedora: aquela que foi capaz de concebir a idea , sobre quen vai a recaer a responsabilidade da iniciativa. Responde a pregunta quen???, e por qué???

-o plan de empresa: documento no que se plasman todas as reflexións realizadas para darlle forma á idea e convertela nun proxecto empresarial. Responde a pregunta, como??

Fases da creación da empresa:

- 1ª fase: Xestación

-2ª fase: Análise

- 3ª fase: Posta en marcha.

-4ª fase: Consolidación



REFLEXIÓN PERSOAL:


A crise económica acaecida nos derradeiros anos, puxo de manifesto o endeble do noso tecido productivo baseado na construcción e na hostelería. o que xerou a necesidade de crear políticas que incentiven o autoemprego, si ben existen estes incentivos o que non cambia e a nosa cultura de entender o traballo. 

Na miña opinión, non basta con ter a iniacitiva de emprender, senon a habilidade de captar unha idea e convertila nun negocio de éxito.

A vista está que por moito que exista a subvención para o autoemprego , España segue a destacar por estar a cabeza en número de bares por habitantes. Polo que seguimos no mesmo bucle.


PARA SABER MAIS:


Portal de traballo da Xunta de Galicia

Europa.eu

Sepe

bicgalicia

igape



No hay comentarios:

Publicar un comentario