martes, 26 de julio de 2016

REFLEXION MODULO 1 Paula Penas


MARCO DE REFERENCIA DA ORIENTACIÓN LABORAL  

 O Sistema Nacional de Emprego é o conxunto de estruturas, medidas e accións necesarias para promover e desenvolver as políticas de emprego. Está integrado polo Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE) e os Servizos Públicos de Emprego das Comunidades Autónomas.

 O SEPE encárgase da creación, desenvolvemento e seguimento das políticas de emprego. As políticas pasivas de emprego son competencia exclusiva do Estado, mentres que o Servicio Público de Emprego de Galicia (SPEG) está a cargo do desenvolvemento e execución das políticas activas de emprego.

  No ano 2012 aprobouse a ley 3/2012 de 6 de xullo de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral que pretendía favorecer o emprendemento e a creación de emprego. Os instrumentos que utiliza o estado español para favorecer unha política integral de emprego (desenvolvemento de programas e medidas que pretenden a consecución do pleno emprego ) son:
 - Estratexia Española de Activación para o Emprego, que cumpre un papel vertebrador das estratexias individuais dos distintos servizos de emprego das CCAA no referente á intermediación entre a oferta e a demanda e ao deseño e xestión das políticas activas.A actual é a Estratexia 2014-2016.
 - Plans Anuais de Políticas de Emprego (PAPE), financiados tanto con fondos estatais como con recursos propios. O último aprobado é o PAPE 2015 que ten, entre outros, o obxectivo de impulsar a empregabilidade dos mozos e poñer en marcha o Plan de Implementación do Programa de Garantía Xuvenil, impulsar o emprendemento, favorecer a empregabilidade de maiores de 55 anos, beneficiarios do programa Prepara ou desempregados de longa duración.
 - o Sistema de Información dos Servizos Públicos de Emprego, que se organizan nunha estructura informática integrada e compatible que integran a información relativa á intermediación laboral e da xestión das políticas de emprego.

  A Unión Europea elabora unha estratexia común a todos os estados menbros en materia de emprego. A Estratexia 2020 ten como prioridades, entre outras: 
 - o 75% da poboación entre 20 e 64 anos debería estar empregada.
 - o 3% do PIB da UE debería ser investido en I+D.
 - a porcentaxe de abandono escolar debería ser inferior ao 10% e polo menos o 40% dos xóvenes debería ter estudos superiores.

  A UE financia estas políticas a través do FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural) e o FSE (Fondo Social Europeo), que axuda, entre outras, á orientación das persoas desempregadas.





O MERCADO LABORAL 

 O mercado laboral estructurase pola converxencia de dous factores: a oferta e a demanda.

 A oferta de traballo refírese á poboación activa, composta polos ocupados mais os parados. A demanda de traballo é a cantidade de traballadores que as empresas están dispostas a contratar. A interacción de ambos determina os salarios no mercado laboral.




 Seguindo as teorías clásicas, o funcionamento do mercado de traballo e a rixidez dos salarios á baixa son a causa do paro. En cambio, os seguidores de Keynes, cren que a causa do paro é a insuficiente demanda agregada da economía que mentres non crezca, non se demandará mais traballo.

 Hay catro tipos de paro:
 -Estructural .- desaxuste entre oferta e demanda de traballadores
 -Friccional.- traballadores que buscan cambiar de emprego, considéranse en paro temporalmente.
 -Cíclico.- o tipo mais nocivo de desemprego.
 -Estacional.- depende da época do ano, é propio de empregos con tempadas "altas" e "baixas".




 O mercado laboral actual é moi dinámico e cambiante. Para un orientador laboral é fundamental coñecer o mercado laboral da zona e o comportamento das ocupacións para tomar a mellor decisión en relación so obxectivo profesional que se busque. Para isto contamos con:
- o Observatorio Ocupacional do SEPE.- analiza a situación, transformación e tendencias do mercado de traballo.
 - o Observatorio Ocupacional do SPEG.- proporciona información sobre demandas, ofertas, ocupacións e cambios nos perfís profesionais de acord coa oferta de traballo.
 - o Observatorio Europeo do Emprego.- proporciona información sobre as políticas de emprego e as tendencias do mercado de traballo na UE.
 - a prospección do mercado de traballo.- análise do mercado laboral en colaboración cos empresarios e axentes sociais.



CERTIFICACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL 

 Hay que distinguir entre:
 - CUALIFICACIÓN.- conxunto de competencias profesionais que poden ser adquiridas a través da formación ou da experiencia.
 - COMPETENCIA.- conxunto de coñecementos e capacidades que permitan o exercicio da actividade profesional conforme ás esixencias da producción e o emprego.




 O Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional persegue identificar cales son as competencias requeridas para o emprego. O Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais é o instrumento que ordena as cualificacións profesionais susceptibles de recoñecemento e acreditación.

Organízanse en:
 - 26 familias profesionais
 - 5 niveis de cualificacións

Cada cualificación organízase, a súa vez, en unidades de competencia,que son o mínimo de competencias profesionais susceptibles de recoñecemento e acreditación parcial. Cada unha destas unidades de competencia leva asociado un módulo formativo onde se describe a formación necesaria para adquirir esa unidade de competencia.

Cando un traballador reúne todas as unidades de competencia adquiridas ben por experiencia profesional ou por formación, pode conseguir a acreditación da cualificación completa mediante un título de FP ou un Certificado de Profesionalidade.





POLÍTICA SOCIAL E DE EMPREGO NA UE

 A UE e os gobernos dos estados membros comparten a responsabilidade nas políticas de emprego. A actual estratexia de emprego da UE impulsa medidas para crear postos de traballo, dinamizar e equilibrar os mercados de traballo e supervisar as políticas de emprego a través de:
 - paquete de medidas para o emprego.- conxunto de medidas para impulsar a creación de postos de traballo.
 - medidas para fomentar o emprego xuvenil.- por exemplo, o Plan Operativo de Garantía Xuvenil.
 - iniciativa Europa 2020.- en materias de emprego, asuntos sociais e inclusión.




 A política de emprego foi un dos acenos de identidade da UE dende os seus comenzos. Os principais organismos en materia de emprego son:
 - Comité de Emprego.- prepara os traballos do Consello en relación á Estratexia Europea de emprego e os seus instrumentos.
 - Cumio Social Tripartito para o crecemento e o emprego.- garante unha participación eficaz dos interlocutores sociais nas políticas económicas e sociais da UE.

 Unha das liberdades fundamentais da UE é a libre circulación de traballadores. Esto implica que os cidadáns da UE teñen dereito a:
 - buscar emprego noutro país da UE.
 - traballar nun país membro sen necesidade de ter permiso de traballo.
 - residir noutro país membro por motivos de traballo.
 - permanecer no mesmo cando deixen de traballar.
 - recibir o mesmo trato en canto a acceso ao emprego, condicións de traballo e vantaxes sociais e fiscais que os cidadáns dese país.

 Para facilitar información, asesoramento e procura de emprego a traballadores e empresarios, creouse a rede EURES. Hai 850 conselleiros EURES en toda Europa, que cumpren unha misión especialmente importante nas rexións transfronterizas, xa que proporcionan asesoramento e orientación sobre os dereitos e obrigas dos traballadores que traballan nun país e viven noutro.



 A UE financia as políticas de emprego mediante:
 - FSE (Fondo Social Europeo).- que pretende promover o emprego e o desenvolvemento dos RRHH na UE, contribuíndo a correxir o desequilibrio entre as rexións mais ricas e as menos favorecidas para conseguir a cohesión económica e social nos países da UE.
 A estratexia de emprego e os orzamentos do FSE decídense entre os estados membros, o Parlamento e a Comisión, elaborando programas operativos de 7 anos de duración. Os fondos do FSE están cofinanciados polos estados membros. Algunhas das áreas apoiadas polo FSE son:
 - mulleres e emprego
 - loita contra a discriminación
 - traballo en asociación
 - mellores servizos públicos
 - proxectos e redes transnacionais
 - FEAG (Fondo Europeo de Adaptación á Globalización).- axuda aos traballadores a atopar emprego e desenrolar novas competencias. Financian medidas como:
 - orientación laboral
 - asistencia na procura de emprego
 - titoría
 - formación e reciclaxe personalizados
 - promoción do emprendemento
 É unha axuda puntual, individual e de duración limitada.
 - EASI ( Programa para o Emprego e a Innovación Social).- programa para promover un alto nivel de calidade e de emprego sostible, garantir unha protección social adecuada, loitar contra a exclusión social e a pobreza e mellorar as condicións de traballo. EASI é xestionada directamento pola Comisión. Reúne tres programas:
 - PROGRESS.- encargado do emprego, en especial o desemprego xuvenil, as condicións laborais e a protección social e prevención da pobreza.
 - EURES
 - MICROFINANCIAMENTO PROGRESS.- favorece o emprendemento social e os microcréditos para grupos vulnerable e microempresas.



A INICIATIVA EMPRENDEDORA COMO FORMA DE ACCESO AO MERCADO LABORAL



 As condicións específicas da contorna para emprender estiman que o contexto segue a ser pouco favorable. O financiamento e a ausencia dunha cultura emprendedora de base son dous dos obstáculos á hora de emprender. Para que nos convirtamos nun país de emprendedores, é recomendable:
 - mellorar a falta de acceso ao financiamento.
 - reducir os trámites para crear unha empresa.
 - implantar no modelo educativo materias que fomenten o espírito emprendedor.
 - formación específica que proporcione mecanismos para recoñecer oportunidades.
 Segundo o CIS, o 90% dos mozos españois rexeita a idea de converterse en emprendedor.

 O propio modelo productivo español, baseado na construcción e na hostelería, é en parte responsable da destrucción de emprego que trouxo a crise. É pois, necesario cambiar o sistema productivo para lograr unha economía sustentable e respetuosa co emprego e a dignidade do traballo, que cree riqueza, e que esta riqueza se reparta de forma equitativa e socialmente eficiente.
 Fomentar o autoemprego e a creación de empresas debe ser unha das tarefas a realizar para que tal cambio se produza.

 Nas empresas da denominada Economía Social priman as persoas sobre o capital: cooperativas, sociedades laborais, centros de inserción, confrarías de pescadores, fundacións...É difícil precisar o impacto destas empresas na nosa economía, xa que os seus efectos enmárcanse mais no ámbito da utilidade social que non se ten en conta para o PIB nin para outro tipo de macroeconomías. Na Estratexia 2020 considérase a este tipo de empresas un aliado na súa política de emprego e remarca a súa importancia na creación de emprego local.

 Os tres elementos esenciais para a creación dunha empresa son:
 - a idea.- o proceso que permite detectar unha oportunidade
 - a persoa empregadora .- a persoa que tivo a idea de emprender
 - o plan de empresa.- documento onde se plasman as reflexións para converter a idea nun proxecto empresarial concreto.

O modelo CANVAS é unha ferramenta que sirve para confeccionar modelos de negocio. Permite elaborar modelos propios de desenvolvemento do negocio e validar as súas posibilidades de éxito.




Hai catro fases no proceso de creación dunha empresa:
 - xestación.- cando a persoa emprendedora concibe a idea ou especula con por en marcha unha empresa.
 - análise.- estudar todos os aspectos da idea inicial para convertela nunha oportunidade. Para isto elaboraremos o plan de empresa.
 - posta en marcha.- crear a empresae comenzar a actividade.
 - consolidación .-cando se supera a fase de posta en marcha e introducción no mercado.

A labor do orientador é guiar, respetar á persoa e as súas ideas, escoitar e opinar sen prexuicios, ser positivo e empático, facilitarlle ao emprendedor o acceso ás fontes de información...e recoñecer as nosas propias limitacións recomendando a utilización de servizos doutros profesionais.



PARA SABER MAIS

 -SEPE
 -SPEG
 -INCUAL
 -INSTITUTO GALEGO DAS CUALIFICACIÓNS
 -ESTRATEGIA EMPLEO 2014-2020
 -EURES



A MIÑA REFLEXIÓN PERSOAL

 España foi un dos países mais afectados pola crise. Segundo os expertos, a culpa é, principalmente, do noso modelo productivo, baseado na hostelería e a construcción.

  Se queremos aprender desta situación, a solución está clara: hay que cambiar o noso modelo productivo. Se queremos ser competitivos e subirnos ao tren das mellores economías do mundo, temos que investir en tecnoloxía, innovación, I+D...se queremos...porque ¿é o que estamos a facer? non o creo. Seguimos a ser un país de albaneis e camareiros.

 Non é fácil cambiar o "chip", pero precisamos facelo senón queremos seguir a ser un país de traballadores pouco cualificados. Hay unha solución contra a baixa cualificación: a FORMACIÓN. Un país que invirte na formación dos seus cidadáns é un país que mira cara a unha economía sostible e non a unha economía de subsistencia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario