domingo, 9 de octubre de 2016

A ferramenta do PLE de Olga Carril Rial





As ferramentas do PLE de Olga Carril Rial


PLE: Entorno persoal de aprendizaxe.

Conxunto de ferramentas, servizos e conexións que empregamos para alcanzar novas competencias.
 Ferramentas que nos facilitan a creación de redes de aprendizaxe, que nos permiten xestionar o noso coñecemento adquirido. A utilización de este ( ecosistema ) Entorno Persoal de Aprendizaxe debería permitirnos optimizar o tempo que empregamos na rede para aprender.



Qué debería permitirme o meu PLE ?

Aprender sobre as TIC e sobre calquer outro tema que me interese e poder facelo o meu ritmo en función das miñas necesidades.
Adquirir novas competencias e seguir aprendendo o longo da miña vida.
Participar en redes sociais profesionais e en comunidades prácticas.
Ser consumidora e productora de productos de coñecemento libre e aberto.
Pero tamén ampliar o grupo de amigos, coñecer xente e divertirme.











O meu primeiro PLE




Qué é un Feed?? ou fonte web que nos permite acceder a todos os contidos actualizados dunha páxina web a cal estamos subscritos sen necesidade de consultar a páxina diariamente.

Feedly é un lector RSS, tecnoloxía que nos permite, unha vez subscritos ás páxinas web fo noso interese, que nos envien os contidos novos e actulizados.

  1. En qué nos axuda feedly?
  2. Subscribirme os portais que máis me interesen.
  3. Ler os contidos publicados
  4. Estar informados das últimas actualizacións.
  5.  Reunir nun mismo sitio o contido que máis me interesa
  6. Ordenas e filtrar os sitios a través de categorías.

 
Feedly




SCOOP.IT :



En inglés significa "Primicia". É unha maneira de reunir información para mostrala e compartila de forma visulamente atractiva.

Unha plataforma poderosa na que os usuarios engaden contidos que ven na web baixo determinados tópicos. Permítenos crear a nosa propia revista dixital a que outros usuarios da nosa comunidade pode acceder.

Podemos definir esta actividade como "content curation" , curación de contidos aplicado o mundo de Internet e das redes sociais, proceso de filtrar, agrupar e compartir información sobre un determinado tema.

 



Scoop.it




Cal elixir?




Grazas a todas estas novas ferramentas que estou coñecendo en este curso de Especialización en orientación laboral, vexo que o meu futuro profesional está cambiando e pode mellorar e enriquecerme con novos coñecementos.

A sobreabundancia de posibilidades que nestes momentos se me presentan, está sendo un pouco caótica, xa que preciso máis tempo de aprendizaxe, pero isto non vai impedir que o meu Entorno Persoal de Aprendizaxe mellore, se rediseñe para unha mellor xestión dos meus coñecementos e tempo invertido.



Non era consciente de que empezo a formar parte dun " ecosistema " e como todo ecosistema é sensible, polo que vai esixirme un consumo responsable, con criterio, boas prácticas e respecto, e participar de igual maneira.
Como "chiou" unha compañeira do curso " Sentidiño, que cabeza ten calquera ".

Decidirme, de momento non teño os coñecementos nin a práctica para facelo, pero en principio paréceme que me pode ser máis práctico o Feedly.






O meu PLE+

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada