Motivación na búsqueda de emprego.
Un dos factores clave na búsqueda de emprego é a motivación, e é precisamente iso o que lle falta a moitas persoas cando veñen a unha cita de orientación. Por diversas razóns, cando a búsqueda non da resultado e pasan os días, as semanas, os meses...parece que vamos perdendo as motivacións iniciais e o sentido da búsqueda propiamente dita.
Hoxe en día, podemos atopar un montón de manuais e recursos con información sobre os trastornos asociados ao desemprego e incluso sobre posibles técnicas de intervención, pero a verdade é que resulta difícil, por falta de tempo e recursos, poñer en práctica a maioría deses tratamentos.
Sin embargo, si parecen existir algúns elementos que sí demostran ser efectivos á hora de provocar cambios motivados de actitude nos demandantes de emprego.
A búsqueda de emprego é unha conduta motivada e como en calquera outra conduta motivada, é imprescindible saber a dónde se quere chegar, hai que ter clara cal é a meta, neste caso, atopar emprego. Está relacionado coa actitude dunha persoa, é dicir, coa disposición interna a realizar todo aquilo que lle achegue aos seus obxectivos profesionais. Pero dependendo de certos factores, a actitude pode ser positiva ou negativa. Lograr que a actitude sexa a de continuar na búsqueda é unha das tarefas fundamentais do/a orientador/a laboral. Unha actitude negativa hacia a búsqueda de emprego pode desembocar en situacións de depresión, ansiedad, comportamentos adictivos ou antisociais.
Para falar de motivación temos que adoptar un punto de vista sistémico, é dicir, atender aos tres compoñentes do ser humano: sentimentos, pensamentos e conductas. Éstos forman un sistema completo e interrelacionado, de tal forma que si un dos tres elementos se modifica, necesariamente cambiarán os outros dous. O ánimo co que unha persoa sinte para poñerse a buscar traballo está relacionado co que pensa e fai ao respecto.
O psicólogo Rodríguez Morejón fixo unha clasificación das cognicións que mostraron unha relación máis significativa co cambio conductual: as metas, as expectativas e as atribucións.
As metas: movémonos para conseguir algo.
As expectativas: crenza sobre si seremos ou non capaces de conseguir algo e si depende ou non de nós.
As atribucións: inferencias causais que facemos para explicar o que facemos ou sentimos.
Son as expectativas as que demostran ter unha incidencia directa coas probabilidades de atopar un traballo e co tempo de permanencia en desemprego.
Saber o que queremos conseguir na búsqueda de emprego é un paso positivo hacia a colocación e aumenta a probabilidade de tomar decisións eficaces. Pero para que os obxectivos de búsqueda fagan o seu papel activador no sistema de motivación teñen que cumprir tres requisitos: Ser propios, estar formulados en positivo e ser concretos.
Dende a orientación débese facilitar de maneira participativa o plantexamento destos obxectivos sin olvidar que a persoa que busca traballo debe planificarse de maneira autónoma.
Podemos distinguir tres tipos de expectativas: De autoeficacia, de éxito e de locus de control.
Como orientadores/as, podemos ter certa influencia en ese sistema a través da palabra. Podemos provocar cambios nos pensamentos das persoas que buscan emprego o que a sua vez, pode conseguir cambios nas suas conductas. Algunas ideas de intervención:
- Plantear unha situación imaxinaria futura exitosa.
- Que o usuario/a describa unha situación en forma de escala.
Con este sistema se poden buscar excepcións, valorar e afianzar avances conseguidos.
Para ser motivadores hai que deixar que o desempregado propoña os pasos a dar e nós, con preguntas, aclararémolos e porémolos en positivo.
Para provocar expectativas de éxito, podemos utilizar a linguaxe presuposicional (formulacións que dan por feito logros do usuario), falando como si as situacións obxectivo foran alcanzadas, introducindo formulacións que den por suposto o éxito.
Para mellorar a sensación de autoeficacia na tarea de buscar traballo podemos falar dos pequenos logros ou das cousas que fixo ben e amplialas o máis que podamos.
Outro aspecto de interés, no caso de que a persoa dispoña dun locus de control externo, é esforzarnos en atribuirlle os pequenos cambios positivos que detectemos.
Outra forma de mellorar a motivación na búsqueda de emprego son as intervencións en grupo, e a mellor técnica e a as preguntas circulares (formulacións interrogativas que relacionan a tres ou máis persoas. Demandan algunha información a unha ou varias persoas sobre un terceiro).
Características das preguntas circulares con efectos motivadores:
- Fomentan a participación.
- Reducen a carga de implicación emocional.
- Promoven a empatía.
- Presuposición de logro.
- Proxección positiva ao futuro.
Para saber máis
Muchas gracias Celso, por tu buen artículo en nuestro blogue, sobre la Motivación en la Búsqueda de Empleo. Saludos.
ResponderEliminar